O bodegón
- INV:
- 2025
- Año de creación:
- 1973
- Dimensiones:
- 50 x 65 x 0
- Técnica:
- (o debuxo) tinta chinesa sobre papel pintado con acuarela amarela
Comentarios
De novo, obxectos da vida cotiá revélanse como os mellores colaboradores do artista para esculcar no mundo do debuxo.Os diferentes elementos, dispostos ordenadamente sobre unha mesa, un coitelo, froitas, vasillas, conforman un sinxelo bodegón definido mediante diferentes trazos, raias, liñas, que ofrecen dinamismo á composición evitando toda sensación de estatismo e planitude. O autor consegue reflectir os diferentes niveis de profundidade na obra así como a sensación de sombra, presente no ángulo da estancia.